Mostrando entradas con la etiqueta fábrica de sonos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta fábrica de sonos. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de noviembre de 2008

O corpo é de fiar



É difícil lembrar en que camiño se atopa unha cando o placer estimula os nervios
e todas as cousas que se poden facer en tres semanas con tal de non limpar o baño

jueves, 28 de agosto de 2008

Eco


Apenas de vez en cando consigo vivir un segundo.
Escápaseme o momento, o instante, o espazo.
Chega despois, só un instante despois,
un segundo.

Corro detrás dun eco, dunha fragancia, unha intuición.
Como a promesa que ofrece o sexo.

Outras veces sinto que estás ahi,
chéganme as sensacións que se escaparon naquel instante.
Como esta mañá cando entrei no coche, sentín que estabas conmigo, que despertabas e viñas conmigo.
A veces sinto que me das voltas
dende lonxe, que estás conmigo.
que me acaricias
que estás conmigo,
que estás conmigo,
que estás conmigo.