viernes, 16 de enero de 2009

Dereito ao Delirio



Eduardo Galeano(Comunicación distinta entre mundos distantes).

Que os sonos se fagan realidade.

sábado, 3 de enero de 2009

Desexos 2009




Intensidade,


forza,


autenticidade


beleza.


domingo, 7 de diciembre de 2008

"Non sabía que era imposibel e fíxoo"

Gostaríame saber escreber. Escreber poesías cos meus pes, coas mans, cos infinitos brazos. Sería unha poesía para Lucas, á inocenza e tenrura do meu amor máis puro. Poesías amigas e amigos con nome propio. Falar do que non se pode falar. Poesía o meu sangue, ao medo, poesía a miña insaciable sede, a miña presa. Converter as verbas en espellos. Poesía ao río ulla, á sobreira do corgo, a pena dos mouros. Poblar á ausencia. Poesía pra miña nai. Poesía ao meu abó. Abrir as frores. Poesía á oficina do meu desasosego. Poesía ao desexo de min e ao meu desexo. Também de amor quero falar, botar leña ao lume do meu ser. Escreber, Ser.


jueves, 27 de noviembre de 2008

O CURSO DA DUBIDA


As miñas portas son accesos a un mundo efímero
que busca entender,
algo que reflexa o que non vexo,
o que está afora, o outro lado.
Móvome no espazo da dúbida e da
contradicción,
e nese espazo crecen plantas complicadas:
angustia, inseguridade e contradicción.

domingo, 23 de noviembre de 2008

COS PES NO CHAN



Gústanme moito os pes. Sobre todo pola posibilidade de movemento, de crecemento, de equilibrio e tamén de desequilibrio. Non é que eu os teña moito no chan, e moitas veces levo tremendos traspés e mesmo empótrome de cheo coa realidade. Pero tamén é certo que cando consigo apoialos é cando sinto o que vivo máis intensamente e tamén cando me dou conta de que o que fago ten as súas consecuenzas!

sábado, 8 de noviembre de 2008

O corpo é de fiar



É difícil lembrar en que camiño se atopa unha cando o placer estimula os nervios
e todas as cousas que se poden facer en tres semanas con tal de non limpar o baño

lunes, 27 de octubre de 2008

Huellas e fuxidas: E ISSO AI




As decisións irrevocables teñen algo que nos provoca unha profunda perturbación. O saber que podemos tomalas nos fai fortes, pero, ao tempo, prodúcenos temor

xogo e duelo

o salto motivado por unha promesa provoca dúbidas
todo remata índose por un desagüe
e o amor é máis doce que o viño,
aínda sabendo que nada é seguro e completo,
podo
comenzar e proseguir o que me propoño,
a intimidade, a cercanía
os maiores goces e as maoires miserias.
será que é cego o desexo?
igual, é iso aí.

Esta canción tócame o corazón.