jueves, 28 de agosto de 2008

Eco


Apenas de vez en cando consigo vivir un segundo.
Escápaseme o momento, o instante, o espazo.
Chega despois, só un instante despois,
un segundo.

Corro detrás dun eco, dunha fragancia, unha intuición.
Como a promesa que ofrece o sexo.

Outras veces sinto que estás ahi,
chéganme as sensacións que se escaparon naquel instante.
Como esta mañá cando entrei no coche, sentín que estabas conmigo, que despertabas e viñas conmigo.
A veces sinto que me das voltas
dende lonxe, que estás conmigo.
que me acaricias
que estás conmigo,
que estás conmigo,
que estás conmigo.

viernes, 22 de agosto de 2008



DESEXO DE MIN
Pode que a miña nai me quixera con ternura,
non con desapego. Moito menos o meu pai reconoceume e aceptoume con coraxe e lealtade. Escondinme de min para sobrevivir. Inventeime outros desexos para esquecerme de min. E esquecínme. Inventeime un personaxe e refuxieime n@s outr@s. A pantasma!.
Un día empecei a coñecerme, a descubrirme. E dinme conta que sólo así podía quererme. Completarme. Sei que ainda que as veces sinto que son unha mostrua. Non é certo. Nunca é certo. É o meu reflexo. Ainda que monstrua, satisfeita. Non quero ter que "lograr" nada. O meu desexo é aprender cómo ser humana.

miércoles, 20 de agosto de 2008


REFLEXOS

Non sempre preciso decir todo. As veces minto sin nengún remordimento. Ou simplemente non preciso decir máis, non é preciso, non ven a conto, incluso sobra. Cando sinto que @ outr@ non precisa de min para situarse, para estar no seu lugar. Cada vez gosto máis do silenzo, o silenzo de verdade, sen angustia. Creo que moitas veces as palabras solo serven para non viver o momento, a sensación....para evitar o que está pasando, para non sentir. Compartir o silenzo é para min como unha aperta moi intensa e profunda. Outra cousa é a miña verdade, a verdade das persoas que quero, as persoas coas que comparto a vida. Coñecer, saber cál é a túa verdade , os teus límites, a túa realidade, necesidades, valores, desexos, onde estás respecto a min. Recoñecer a verdade d@ outr@, e darlle valor. Darlle a oportunidade aos demáis de ser. Cando eu son, ti eres. Si ti non me dis a túa verdade, eu non podo ser contigo. E compartila, expresala. Darlle aos demáis a oportunidade de situarse respecto a miña verdade. Ou no outro lado, que ti me des a oportunidade de coñecerte, respetarte, de situarme respecto a ti. Por moi dolorosas que sexan as verdades, son o único san. Son a única oportunidade para situarnos, poñer os propios límites, coidarnos, decidir. Por moi dolorosas que sexan as verdades dannos a oportunidade de non abandonarnos a nos mesm@s, de recollernos, de ser con nos mesm@s. O camiño para encontrar a paz.