jueves, 28 de agosto de 2008

Eco


Apenas de vez en cando consigo vivir un segundo.
Escápaseme o momento, o instante, o espazo.
Chega despois, só un instante despois,
un segundo.

Corro detrás dun eco, dunha fragancia, unha intuición.
Como a promesa que ofrece o sexo.

Outras veces sinto que estás ahi,
chéganme as sensacións que se escaparon naquel instante.
Como esta mañá cando entrei no coche, sentín que estabas conmigo, que despertabas e viñas conmigo.
A veces sinto que me das voltas
dende lonxe, que estás conmigo.
que me acaricias
que estás conmigo,
que estás conmigo,
que estás conmigo.

5 comentarios:

Unknown dijo...

Muy bonito Gelu, tes que deleitarnos con máis delicatessen coma esta.
Moitos bicos...

bacterio dijo...

a distancia que nos separa non é máis que un mero accidente xeográfico
lonxe atópanse dúas almas cando non se comunican entre elas
cerca están dous corazóns que se aman
estou contigo
estás comigo
non fai falta que grites, eu óioche
non fai falta que soñes, eu espértome ao teu lado
non fai falta que corras, o meu corazón acaríñache
estou contigo
estás comigo

sempre, sempre...

Anónimo dijo...

Que bonito a verdade...
é precioso.
Cando hai amor, todo se nubla doutra cor...

Saudos :)

Unknown dijo...

De cómo un home buscando no tempo encontrouse co espacio.

Un día Apolito espertou reconfortado, acougado, sereno, enternecido, espertou dun soño moi especial, un soño no que viaxaba no tempo, ao pasado, ao futuro.
No pasado realizaba os seus máis preciados desexos, axiña era o bebé que escudriñaba nos peito de sua nai, axiña o neno que ía a lombo de seu pai en busca de aventura, axiña vivía aventuras increibles nos mundos máis paradisiacos, axiña subía o pico máis alto e berraba “liberdade” á vez que centos de persoas, axiña retozaba ca moza dos seus soños horas e horas na beira máis romántica do río, axiña facía o amor da forma máis espectacular e salvaxe e coas mulleres máis voluptuosa e fermosas que un pode imaxinar. Estaba feliz, conforme.
No futuro, no futuro era outra cousa, no futuro vía amor, amor nos ollos dos homes, descubría que os ollos non eran un medio de captar, senon un medio de proxectar, descubría que todo era máis sinxelo, que todo estaba máis cerca do que xamáis él había imaxinado, descubría a poesía dunha pedra, da auga, do vento, e respiraba, inspiraba tranquilo e recollia todo-los aromas do mundo, e espiraba, espiraba paciencia, espiraba sentimentos sin esperar resposta, non quería nada a cambio, só quería espirar, inspirar.

Sen ter moitas ganas acabou por abrir os ollos e mirou o seu redor: o seu redor estaba Andrómeda, O Dragón, O Triángulo, espertou ingrávido no cosmos, nun cosmos opaco e sen luz, non había mulleres nin homes, ni vellos nin nenos, nin arbores, nin rios nin mares, nin oceanos, so habia silenzo, tan sequera había luz, tan sequera había astros brillantes, so espacio o único que había era espacio, o seu espacio, o seu espacio diafano de vida…

Rocio Ramos Morrison dijo...

bienvenida al mundo blogero, aunque veo que llevabas aqui unos dias en el anonimato!! jeje!!
Yo tambien estoy disfrutando mucho de ser contigo y de que seas conmigo.
Un placer enorme este reencuentro. Yo tambien te echare de menos, pero mira, como ahora te has animado al blog, pues tenemos una excusa y un camino mas para mantener el contacto. Querote moito guapa. hasta ahorita