jueves 28 de enero de 2010

....a beleza que pode vir das cinzas....

Comparto con vos este corto que me chegou á alma, conmovéume ate as bágoas. Difícil expresar con palavras todo o que transmite, mirádeo vos e disfrutádeo, é un auténtico canto á humanidade, a beleza e a força interior

viernes 22 de enero de 2010

LINGUA PARA AMAR

Se me faltara a minha lingua
nom podería mais dicir orballo, volvoreta, vagalume, aperta nin namorar...

Se me faltaras lingua minha, nom podería sentir a saudade, a dozura,
a música da túa cantiga, a dança da túa alegría.

Se me faltara a minha lingua nom podería mais falar coa troita, a raposa, a píntega e a vacaloura.

Se me faltara a lingua pérderíame nesta terra, que me enseña quen son, de onde veño, por onde vai o meu camiño, onde vou

Nom sería eu quen son se me faltara a miña lingua, o meu amor.




miércoles 13 de enero de 2010

Limpeza




Quero deixar partir o que xa foi,
o que xa non está nin fora nin dentro,
recibir con alegría o que chega cada día.
Encher a minha casa de frores
e quererme moito a min,
sólo amándome a min podo sentir amor e tenrura pol@s demais, pola vida.


É alucinante o costume de almacenar cousas e máis cousas. Gardamos lixo interior baixo o nome de emocións e represións negativas coa idea de algún día cobrarnos as ofensas recibidas, ou quizáis simplemente porque somos incapaces de deixar partir, de aceptar, perdoar. Gardamos obxectos materiais, inútis e innecesarios, que quizáis poderíamos precisar máis adiante....Se miramos de afora para adentro, a medida que a vida pasa, adquirimos o costume de almacenar cousas e máis cousas...
A mudança fixome reflexionar e entráronme moitas ganas de facer limpeza, limpeza de cousas materiais e inmateriais que vou acumulando, innecesarias e inútis. Primeiro desfacerme de obxectos e cousas valeiras e absurdas, papeis...Também limpar, sanar feridas, rencores, errores, lembranzas feas, resentimentos, medos e dores.

Quero deixar espacios livres, valeiros. Sentir a liberación de non levar pesos nin cargas. Nunca me costou muito desfacerme das cousas e bens materiais, máis reconhezo que si me costa desfacerme e deixar partir os sentimentos e emocións, as feridas, os amores e as penas.

domingo 27 de diciembre de 2009

Mu-Danzas.....






Estos días estou de mudança

dicen que os sonhos de mudanças
significan cambios na vida da sonhadora

si fora poeta, seríao do movemento e das pegadas

lunes 21 de diciembre de 2009

Maos á obra!

Estonia tiña un problema. Os seus bosques estaban plagados de lixo. Calculabase que unhas 10.000 toneladas de residuos estaban esparcidas polos campos. En octubro do 2007 un grupo de ecoloxistas estonios decidiu que era o momento de facer algo...e o fixeron.
O 3 de mayo del 2008, mobilizando a centos de organizacións e máis de 50.000 voluntari@s, conseguiron limpar do país enteiro en só 5 horas!


Neste video, feito por el@s mism@s, explícase cómo foi posibel limpar todo un país nun so día. Xa existe unha iniciativa asím en Portugal: http://www.limparportugal.org/
Alguém dixo que nom había nada que facer?

martes 15 de diciembre de 2009

Wise one

O amor tende sempre a ir máis lonxe, mais ten un límite, o que sobrepasado, tornao en odio.
Simone Weil

"Wise One" from Souls Survivor on Vimeo.



Hoxe voltei a escoitar este tema de Jonh Coltrane e por casualidade soupen que estivo inspirado na primeira muller coa que casou Coltrane, Naima.
Sempre me resultou moi intensa esta música, e sempre imaxinei que estaría inspirada en algún sentimento arrebatador, profundo, ate desesperado. Despois de ler o texto quedeime coa sensación de que Coltrane estaba atrapado na súa relación nun ciclo de encontros, desencontros e reconcialiacións que facían da súa relación un pozo sen salida. Esta música resona dentro de min como se xa formara parte da minha vida.
Coltrane titulou esta música "Wise one". Wise significa prudente, acertado, sabio.....
Por qué case sempre o máis acertado, sabio e prudente é o máis difícil?

domingo 13 de diciembre de 2009

Tristeza, caminho de ferro


















Saudade

Saudade é solidão acompanhada,
é quando o amor ainda não foi embora,
mas o amado já...

Saudade é amar um passado que ainda não passou,
é recusar um presente que nos machuca,
é não ver o futuro que nos convida...

Saudade é sentir que existe o que não existe mais...

Saudade é o inferno dos que perderam,
é a dor dos que ficaram para trás,
é o gosto de morte na boca dos que continuam...

Só uma pessoa no mundo deseja sentir saudade:
aquela que nunca amou.

E esse é o maior dos sofrimentos:
não ter por quem sentir saudades,
passar pela vida e não viver.

O maior dos sofrimentos é nunca ter sofrido.

Pablo Neruda