Hoxe leín esto que escribín fai un tempo, e gustoume máis.
Gostaríame saber escreber. Escreber poesías cos meus pes, coas mans, cos infinitos brazos. Sería unha poesía para Lucas, á inocenza e tenrura do meu amor máis puro. Poesías amigas e amigos con nome propio. Falar do que non se pode falar. Poesía o meu sangue, ao medo, poesía a miña insaciable sede, a miña presa. Converter as verbas en espellos. Poesía ao río ulla, á sobreira do corgo, a pena dos mouros. Poblar á ausencia. Poesía pra miña nai. Poesía ao meu abó. Abrir as frores. Poesía á oficina do meu desasosego. Poesía ao desexo de min e ao meu desexo. Também de amor quero falar, botar leña ao lume do meu ser. Escreber, Ser.
Eu sei que hai un lugar,
alí
onde o vento voa libre
onde a calma acaricia a minha pel,
unha aldea pra escoitar
un silencio pra bailar
unha montanha pra me enseñar
un camiño pra seguir
Hai un lugar, aquí.
Gustaríame irme un tempo a unha aldea, a unha casa,a unha montaña, a un silencio,
e escrivir alí.
1 comentario:
Para mí un lugar como el que escribes, es un lugar en el que se pueda ir solo, en pareja, con hijos, para reír, para llorar, para pensar y principalmente para desconectar, ese lugar no está lejos, está ahí y ahora a mis 37 la descubro, ONS gracias por existir.
Publicar un comentario