Gustaríame saber cal é
o lugar exacto
Quero a sinceridade das vacas
Teño frío cando te miro e nom vexo nada
Non quero meter os sentimentos en formol
e observar todo como se as cousas non tivesen vida
As veces sae de min un susto,
e sei porqué:
se o fas, douche un susto,
se te asustas ,agóchasme,
se me agochas grito
se desconfías de min, dareite motivos,
crea tí vida-de,
son quen ti queres que sexa
decides quen son
mais nazi nom
se ti confias eu confio
quem pon o ovo ou somos galiña?
Existe a beleza
existen os sonos
existen os versos.
Recuperar a sorriso: recuperar a confianza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario