miércoles, 13 de enero de 2010
Limpeza
Quero deixar partir o que xa foi,
o que xa non está nin fora nin dentro,
recibir con alegría o que chega cada día.
Encher a minha casa de frores
e quererme moito a min,
sólo amándome a min podo sentir amor e tenrura pol@s demais, pola vida.
É alucinante o costume de almacenar cousas e máis cousas. Gardamos lixo interior baixo o nome de emocións e represións negativas coa idea de algún día cobrarnos as ofensas recibidas, ou quizáis simplemente porque somos incapaces de deixar partir, de aceptar, perdoar. Gardamos obxectos materiais, inútis e innecesarios, que quizáis poderíamos precisar máis adiante....Se miramos de afora para adentro, a medida que a vida pasa, adquirimos o costume de almacenar cousas e máis cousas...
A mudança fixome reflexionar e entráronme moitas ganas de facer limpeza, limpeza de cousas materiais e inmateriais que vou acumulando, innecesarias e inútis. Primeiro desfacerme de obxectos e cousas valeiras e absurdas, papeis...Também limpar, sanar feridas, rencores, errores, lembranzas feas, resentimentos, medos e dores.
Quero deixar espacios livres, valeiros. Sentir a liberación de non levar pesos nin cargas. Nunca me costou muito desfacerme das cousas e bens materiais, máis reconhezo que si me costa desfacerme e deixar partir os sentimentos e emocións, as feridas, os amores e as penas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario