jueves, 28 de enero de 2010

....a beleza que pode vir das cinzas....

Comparto con vos este corto que me chegou á alma, conmovéume ate as bágoas. Difícil expresar con palavras todo o que transmite, mirádeo vos e disfrutádeo, é un auténtico canto á humanidade, a beleza e a força interior

viernes, 22 de enero de 2010

LINGUA PARA AMAR

Se me faltara a minha lingua
nom podería mais dicir orballo, volvoreta, vagalume, aperta nin namorar...

Se me faltaras lingua minha, nom podería sentir a saudade, a dozura,
a música da túa cantiga, a dança da túa alegría.

Se me faltara a minha lingua nom podería mais falar coa troita, a raposa, a píntega e a vacaloura.

Se me faltara a lingua pérderíame nesta terra, que me enseña quen son, de onde veño, por onde vai o meu camiño, onde vou

Nom sería eu quen son se me faltara a miña lingua, o meu amor.

miércoles, 13 de enero de 2010

Limpeza




Quero deixar partir o que xa foi,
o que xa non está nin fora nin dentro,
recibir con alegría o que chega cada día.
Encher a minha casa de frores
e quererme moito a min,
sólo amándome a min podo sentir amor e tenrura pol@s demais, pola vida.


É alucinante o costume de almacenar cousas e máis cousas. Gardamos lixo interior baixo o nome de emocións e represións negativas coa idea de algún día cobrarnos as ofensas recibidas, ou quizáis simplemente porque somos incapaces de deixar partir, de aceptar, perdoar. Gardamos obxectos materiais, inútis e innecesarios, que quizáis poderíamos precisar máis adiante....Se miramos de afora para adentro, a medida que a vida pasa, adquirimos o costume de almacenar cousas e máis cousas...
A mudança fixome reflexionar e entráronme moitas ganas de facer limpeza, limpeza de cousas materiais e inmateriais que vou acumulando, innecesarias e inútis. Primeiro desfacerme de obxectos e cousas valeiras e absurdas, papeis...Também limpar, sanar feridas, rencores, errores, lembranzas feas, resentimentos, medos e dores.

Quero deixar espacios livres, valeiros. Sentir a liberación de non levar pesos nin cargas. Nunca me costou muito desfacerme das cousas e bens materiais, máis reconhezo que si me costa desfacerme e deixar partir os sentimentos e emocións, as feridas, os amores e as penas.