anular ou non ter en conta as decisións da muller insistencia abusiva para conseguir o que se desexa chantaxe emocional (tentar dar mágoa apelando a suposta predisposición feminina para o coidado dos outros; culpar a muller de pasalo ben con persoas ou situacións nas que el non está) cortarlle a palabra actuar de xeito paternalista facendo que a muller se sinta coma se fose unha nena
Este ano, ademais de perder a Mario Benedetti, foise Pina Bausch, a bailarina que eu máis admiro. Significa para mim a dança como liberación, convertir o coñecido no inesperado, bailar como persoa real. Interesábase pola historia da opresión e as huellas da violencia. Cando esas represións saen a través do corpo, a ansiedade transfórmase en coñecemento, en liberación.
"Qué mueve a la gente es más interesante que el cómo se mueven". Ata sempre Pina!
O certo é que tiven sonhos parecidos. Os detalles son distintos. O escenario é distinto. Pero están cortados polo mesmo patrón. Também a dor que sinto o despertarme é parecido. Creio que dentro de mim coexiste o que sei e o que nom sei. Quitei o biombo que separa as dúas partes. Porque nom podo evitalo. Porque nom me gustam os biombos. Porque som asím. Para lograr que "o que creio que sei" e "o que nom sei" coexistan en paz, preciso unha estratexia. Manterme suxeta a algo. De outro modo, nom o duvido, emprendo un irremediable "rumbo ao desastre". Qué tenho que facer? Sonhar e sonhar. Entrar no mundo dos sonhos e nom salir de él. Vivir alí eternamente. Nos sonhos nom existen fronteiras. Nom é preciso facer distincións. Nom hai colisións, e, aínda que as houbera, nom dolería.
Eu nom sei cómo se pon a coraça, a barreira, nom sei salvarme. Sin darme conta, levei a situación ao punto onde quizás intuía máis claridade. E si, vim a realidade, inxusta, cobarde, egoísta. Sentínme como se me pisaran o máis puro e auténtico de mim, o meu amor, a amizade, a confianza, a inocencia.