lunes, 20 de julio de 2009

QUEDATE

Nesta primeira parte da viagem, síntome agradecida e emocionada. Podo reconhecer todo o que tenho na minha vida. Síntome afortunada e quero nom esquecer, nunca, que tenho muitas cousas bonitas, persoas que me queren, un fillo que é o meu anxo, amizade, danca, música, un corpo vivo, que se pode mover con gracia. Tenho também unha luz bonita dentro de mim que empezo a sentir con calor e ilusión.

Búsco-me e atópome viva.
Volvo a pasar polo meu coracon ás persoas importantes na minha vida.

A primeira estación foi Madrid, onde me reencontrei con Descemer. Unha alegría inmensa para o meu coracon. Despois de 14 anos sen vernos, a emoción foi inmensa, 400 km de emoción, de amor, de agradecemento. Deixovos o video de Descemer e Kelvis: "Quédate". Fai unha metáfora preciosa da amizade e a vida en Cuba: "quédate allí", onde él se queda e onde eu quero volver, sempre. Onde empecei a dancar e onde sentím que a vida é o noso maís fermoso tesouro, onde aprendím que o tempo disfrutado será o único e verdadeiro TEMPO VIVIDO. Onde sentím e nunca quero esquecer, que nun amig@ hai unha luz. Levo na alma @s meus amig@s.
E VIVA CUBA!





AMOR E MÚSICA (Disco de Descemer Bueno e Kelvis Ochoa, grabado en La Habana, 2008).

No hay comentarios: