lunes, 20 de julio de 2009

QUEDATE

Nesta primeira parte da viagem, síntome agradecida e emocionada. Podo reconhecer todo o que tenho na minha vida. Síntome afortunada e quero nom esquecer, nunca, que tenho muitas cousas bonitas, persoas que me queren, un fillo que é o meu anxo, amizade, danca, música, un corpo vivo, que se pode mover con gracia. Tenho também unha luz bonita dentro de mim que empezo a sentir con calor e ilusión.

Búsco-me e atópome viva.
Volvo a pasar polo meu coracon ás persoas importantes na minha vida.

A primeira estación foi Madrid, onde me reencontrei con Descemer. Unha alegría inmensa para o meu coracon. Despois de 14 anos sen vernos, a emoción foi inmensa, 400 km de emoción, de amor, de agradecemento. Deixovos o video de Descemer e Kelvis: "Quédate". Fai unha metáfora preciosa da amizade e a vida en Cuba: "quédate allí", onde él se queda e onde eu quero volver, sempre. Onde empecei a dancar e onde sentím que a vida é o noso maís fermoso tesouro, onde aprendím que o tempo disfrutado será o único e verdadeiro TEMPO VIVIDO. Onde sentím e nunca quero esquecer, que nun amig@ hai unha luz. Levo na alma @s meus amig@s.
E VIVA CUBA!





AMOR E MÚSICA (Disco de Descemer Bueno e Kelvis Ochoa, grabado en La Habana, 2008).

martes, 7 de julio de 2009

Cuerpecito mío

Tenho un corpo
por dentro,
tenho un corpo,
máis adentro
tenho unhas mans que aprenden
unhas pernas resistentes
unhos brazos que queren abrazar,

tenho un corpo contento
tenho un corpo que se rompe
tenho un corpo ferido
tenho un corpo salvaxe
tehno un corpo de montanha
tenho tantos sonos

tenho muitos anacos de coracon
esparcidos con ledicia,
nom tenho armazón

quero descubrir o meu corpo
e facer unha balea,
ir conmigo, buscarme e atoparme,
subir, parar, rir, calar, bailar,
decidir con liberdade
se irme ou quedarme.

y.