jueves, 27 de noviembre de 2008

O CURSO DA DUBIDA


As miñas portas son accesos a un mundo efímero
que busca entender,
algo que reflexa o que non vexo,
o que está afora, o outro lado.
Móvome no espazo da dúbida e da
contradicción,
e nese espazo crecen plantas complicadas:
angustia, inseguridade e contradicción.

domingo, 23 de noviembre de 2008

COS PES NO CHAN



Gústanme moito os pes. Sobre todo pola posibilidade de movemento, de crecemento, de equilibrio e tamén de desequilibrio. Non é que eu os teña moito no chan, e moitas veces levo tremendos traspés e mesmo empótrome de cheo coa realidade. Pero tamén é certo que cando consigo apoialos é cando sinto o que vivo máis intensamente e tamén cando me dou conta de que o que fago ten as súas consecuenzas!

sábado, 8 de noviembre de 2008

O corpo é de fiar



É difícil lembrar en que camiño se atopa unha cando o placer estimula os nervios
e todas as cousas que se poden facer en tres semanas con tal de non limpar o baño