Cuando te encuentras cabalgando un caballo muerto, es hora de que te bajes de él.
Indios Dakota
Estos días de outono estou sentindo a miña dificultade para pechar ciclos, para decir adiós, para deixar partir. Para darme unha axudiña estou lendo un libro "Cerrando los ciclos vitales" que comparto con vos.Ninguén nos pode robar as vivenzas, as lembranzas...., nin podemos renunciar a elas, nin invalidalas....así que millor guardalos....Se lles damos a espalda, teremos que vivir con medo, desconfianza e desesperanza....
O fracaso nunha relación é non querer reconocer o seu final e insitir en seguir con mesmo vínculo. Quedarnos esperando a recoller os froitos dun arbol morto e perder a posibilidade de sementar outros.
Pechar un ciclo significa pararse, evaluar, recoñecer a influenza do pasado, identificar os patrons e tendencias que non nos serven, rescatar o que nos serve e cambiar a perspetiva de nos e dos demais, dos feitos e das situacións: Reescribir a historia, e solo resultará si o facemos da man da compasión por nos mesm@s. Non é sentir lástima, nen xustificar nada...Trátase de mirarnos con dignidade e amor: Observarnos dende outras perspetivas. Investigarnos a nos mesm@s e apoiarnos nos aprendizaxes que nos axudarán a vivir mellor.
Pechar un ciclo pode significar abrir o noso libro de vida en busca de fortalezas, estratexias, posibilidades e tendencias. Tamén significa recuperar os nosos aspectos oscuros ou excluídos e abrazalos recoñecendo que cada un ten unha función na búsqueda do amor, a pesar de ser inadecuado ou inútil.
Trato de deixar partir. Doe. Sei que teño que chorar e trato de evitalo...Moitas veces penso que teño moitas despedidas que chorar, que unha se xunta coa outra e por eso non quero empezar ou seguir....(paréceme que levo anos de duelo, e supoño que é asi: cada día é un duelo). Quédome con eso: mirarnos con dignidade e amor. Pode que ao final, polo moito que me custan e me doen, acabe "especializándome" en duelos, e poda compartir e acompañar a outras persoas a reeditar a súa historia.