miércoles, 28 de abril de 2010

Just don't leave

viernes, 19 de marzo de 2010

Con quén me tropezo sempre?

Descubrín esta peza de danza, de Alexis, cubano afincando na Coruña, que me ten namorada. A enerxía, poesía e beleza da peza son un auténtico regalo, disfrutádea, levo días con ela metida no corpo, e por iso, quero compartila e rexistrala no blog.

jueves, 25 de febrero de 2010

SHANTALA SHIVALINGAPPA




Shantala Shivalingappa é unha bailarina de Madras que une o Kuchipudi coa linguaxe coreográfica de Pina Bausch. Este solo gustame moitísimo, os seus brazos falan da intensidade, a beleza e toda a vida que temos nas nosas mans, nos nosos brazos.

jueves, 11 de febrero de 2010

A roupa tendida


















"Qué de nosotros está puesto a secar?
¿De cuál de nuestras telas
hemos lavado las manchas del desánimo
frotándoles el limpio
jabón de la inocencia?
¿En qué alambre se orean nuestros oscuros linos
hasta alcanzar al viento
su perdida pureza?"
José Luis Puerto

jueves, 28 de enero de 2010

....a beleza que pode vir das cinzas....

Comparto con vos este corto que me chegou á alma, conmovéume ate as bágoas. Difícil expresar con palavras todo o que transmite, mirádeo vos e disfrutádeo, é un auténtico canto á humanidade, a beleza e a força interior

viernes, 22 de enero de 2010

LINGUA PARA AMAR

Se me faltara a minha lingua
nom podería mais dicir orballo, volvoreta, vagalume, aperta nin namorar...

Se me faltaras lingua minha, nom podería sentir a saudade, a dozura,
a música da túa cantiga, a dança da túa alegría.

Se me faltara a minha lingua nom podería mais falar coa troita, a raposa, a píntega e a vacaloura.

Se me faltara a lingua pérderíame nesta terra, que me enseña quen son, de onde veño, por onde vai o meu camiño, onde vou

Nom sería eu quen son se me faltara a miña lingua, o meu amor.

miércoles, 13 de enero de 2010

Limpeza




Quero deixar partir o que xa foi,
o que xa non está nin fora nin dentro,
recibir con alegría o que chega cada día.
Encher a minha casa de frores
e quererme moito a min,
sólo amándome a min podo sentir amor e tenrura pol@s demais, pola vida.


É alucinante o costume de almacenar cousas e máis cousas. Gardamos lixo interior baixo o nome de emocións e represións negativas coa idea de algún día cobrarnos as ofensas recibidas, ou quizáis simplemente porque somos incapaces de deixar partir, de aceptar, perdoar. Gardamos obxectos materiais, inútis e innecesarios, que quizáis poderíamos precisar máis adiante....Se miramos de afora para adentro, a medida que a vida pasa, adquirimos o costume de almacenar cousas e máis cousas...
A mudança fixome reflexionar e entráronme moitas ganas de facer limpeza, limpeza de cousas materiais e inmateriais que vou acumulando, innecesarias e inútis. Primeiro desfacerme de obxectos e cousas valeiras e absurdas, papeis...Também limpar, sanar feridas, rencores, errores, lembranzas feas, resentimentos, medos e dores.

Quero deixar espacios livres, valeiros. Sentir a liberación de non levar pesos nin cargas. Nunca me costou muito desfacerme das cousas e bens materiais, máis reconhezo que si me costa desfacerme e deixar partir os sentimentos e emocións, as feridas, os amores e as penas.