jueves, 25 de febrero de 2010
SHANTALA SHIVALINGAPPA
Shantala Shivalingappa é unha bailarina de Madras que une o Kuchipudi coa linguaxe coreográfica de Pina Bausch. Este solo gustame moitísimo, os seus brazos falan da intensidade, a beleza e toda a vida que temos nas nosas mans, nos nosos brazos.
jueves, 11 de febrero de 2010
A roupa tendida
jueves, 28 de enero de 2010
....a beleza que pode vir das cinzas....
Comparto con vos este corto que me chegou á alma, conmovéume ate as bágoas. Difícil expresar con palavras todo o que transmite, mirádeo vos e disfrutádeo, é un auténtico canto á humanidade, a beleza e a força interior
viernes, 22 de enero de 2010
LINGUA PARA AMAR
Se me faltara a minha lingua
nom podería mais dicir orballo, volvoreta, vagalume, aperta nin namorar...
Se me faltaras lingua minha, nom podería sentir a saudade, a dozura,
a música da túa cantiga, a dança da túa alegría.
Se me faltara a minha lingua nom podería mais falar coa troita, a raposa, a píntega e a vacaloura.
Se me faltara a lingua pérderíame nesta terra, que me enseña quen son, de onde veño, por onde vai o meu camiño, onde vou
Nom sería eu quen son se me faltara a miña lingua, o meu amor.

miércoles, 13 de enero de 2010
Limpeza

Quero deixar partir o que xa foi,
o que xa non está nin fora nin dentro,
recibir con alegría o que chega cada día.
Encher a minha casa de frores
e quererme moito a min,
sólo amándome a min podo sentir amor e tenrura pol@s demais, pola vida.
É alucinante o costume de almacenar cousas e máis cousas. Gardamos lixo interior baixo o nome de emocións e represións negativas coa idea de algún día cobrarnos as ofensas recibidas, ou quizáis simplemente porque somos incapaces de deixar partir, de aceptar, perdoar. Gardamos obxectos materiais, inútis e innecesarios, que quizáis poderíamos precisar máis adiante....Se miramos de afora para adentro, a medida que a vida pasa, adquirimos o costume de almacenar cousas e máis cousas...
A mudança fixome reflexionar e entráronme moitas ganas de facer limpeza, limpeza de cousas materiais e inmateriais que vou acumulando, innecesarias e inútis. Primeiro desfacerme de obxectos e cousas valeiras e absurdas, papeis...Também limpar, sanar feridas, rencores, errores, lembranzas feas, resentimentos, medos e dores.
Quero deixar espacios livres, valeiros. Sentir a liberación de non levar pesos nin cargas. Nunca me costou muito desfacerme das cousas e bens materiais, máis reconhezo que si me costa desfacerme e deixar partir os sentimentos e emocións, as feridas, os amores e as penas.
domingo, 27 de diciembre de 2009
Mu-Danzas.....
lunes, 21 de diciembre de 2009
Maos á obra!
Estonia tiña un problema. Os seus bosques estaban plagados de lixo. Calculabase que unhas 10.000 toneladas de residuos estaban esparcidas polos campos. En octubro do 2007 un grupo de ecoloxistas estonios decidiu que era o momento de facer algo...e o fixeron.
O 3 de mayo del 2008, mobilizando a centos de organizacións e máis de 50.000 voluntari@s, conseguiron limpar do país enteiro en só 5 horas!
Neste video, feito por el@s mism@s, explícase cómo foi posibel limpar todo un país nun so día. Xa existe unha iniciativa asím en Portugal: http://www.limparportugal.org/
Alguém dixo que nom había nada que facer?

Suscribirse a:
Entradas (Atom)