Estonia tiña un problema. Os seus bosques estaban plagados de lixo. Calculabase que unhas 10.000 toneladas de residuos estaban esparcidas polos campos. En octubro do 2007 un grupo de ecoloxistas estonios decidiu que era o momento de facer algo...e o fixeron. O 3 de mayo del 2008, mobilizando a centos de organizacións e máis de 50.000 voluntari@s, conseguiron limpar do país enteiro en só 5 horas!
Neste video, feito por el@s mism@s, explícase cómo foi posibel limpar todo un país nun so día. Xa existe unha iniciativa asím en Portugal: http://www.limparportugal.org/ Alguém dixo que nom había nada que facer?
Hoxe voltei a escoitar este tema de Jonh Coltrane e por casualidade soupen que estivo inspirado na primeira muller coa que casou Coltrane, Naima. Sempre me resultou moi intensa esta música, e sempre imaxinei que estaría inspirada en algún sentimento arrebatador, profundo, ate desesperado. Despois de ler o texto quedeime coa sensación de que Coltrane estaba atrapado na súa relación nun ciclo de encontros, desencontros e reconcialiacións que facían da súa relación un pozo sen salida. Esta música resona dentro de min como se xa formara parte da minha vida. Coltrane titulou esta música "Wise one". Wise significa prudente, acertado, sabio..... Por qué case sempre o máis acertado, sabio e prudente é o máis difícil?