Estes días ando dándolle voltas ao impulso de crear unha proposta de danza. Buscando de onde partir, cheguei a obra de Louise Bourgeois. Comparto con vos a idea de partida para iniciar a búsqueda co meu corpo. Quero explorar a miña casa. A foto é a casa de un sono. Dende a fiestra da casa de María en Amarante.

Teño unha xaula de malla e acero que alberga unha colección de obxetos desechados, os que se atopan non desvanes mohosos. É unha casa construída con centos de eslabóns: transparente, parecida a unha rede, inflexible. É un invernadeiro da memoria.
É un passagem a través do tempo e o espacio: unha viaxe difícil, unha galería oscura, un conmovedor passagem intenso textual arrancado de unha historia persoal.
Os obxetos veñen dende os sonos.
Pasage ten connotacións temporais e espaciais: o paso do tempo e o paso a través dun espazo. Algo está a punto de ocurrir, e o que está a punto de ocurrir está completamente texido aorredor de algo que xa foi fai tempo.
Un corpo morto. Un esqueleto de casa cheo de souvenirs inventados, de obxetos para incitar a memoria. Qué é a casa de unha senon un carapacho de obxetos de memoria persoal?
Exhibirme a min mesma coma un narciso de invernadeiro, unha rara pranta cultivada, pero relacionada de maneira significativa cos outros membros da especie. Construír un tinglado onde proxectar o meu propio ser, que é simultaneamente casa, inverndeiro, autorretrato, colección, catarsis, terapia aversiva, arte, farmacia homeópatica e teatro da memoria.
A casa (o fogar) é literalmente o obxeto da nostalxia. Unha casa da infancia que se visita de novo pode ser un poderoso catalizador de memorias olvidadas ou reprimidas.
Nos sonos, dicen, a casa representa ao propio ser.
Passage Inconscente é un palacio de memorias desubicadas situadas nos nichos ordeados, unha colección de lembranzas do profundamente non racional, racionalizado. Éste passagem é un palacio de cristal, unha casa de vidrio de memorias dolorosas.
A casa dun sono.
Encantaríame que me dixérades o que vos suxire este texto, imaxes, obxetos..Ireivos contando como vai a proposta, preciso compartilo!