Gostaríame saber escreber. Escreber poesías cos meus pes, coas mans, cos infinitos brazos. Sería unha poesía para Lucas, á inocenza e tenrura do meu amor máis puro. Poesías amigas e amigos con nome propio. Falar do que non se pode falar. Poesía o meu sangue, ao medo, poesía a miña insaciable sede, a miña presa. Converter as verbas en espellos. Poesía ao río ulla, á sobreira do corgo, a pena dos mouros. Poblar á ausencia. Poesía pra miña nai. Poesía ao meu abó. Abrir as frores. Poesía á oficina do meu desasosego. Poesía ao desexo de min e ao meu desexo. Também de amor quero falar, botar leña ao lume do meu ser. Escreber, Ser.